Románico
As igrexas románicas de Pantón pertenceron a mosteiros que tiveron a súa orixe na Idade Media. A situación xeográfica deste concello, bañado polos ríos Cabe, Miño e Sil, favoreceu os asentamentos relixiosos no seu territorio. Son na súa maioría de pequeno tamaño, pero conservan unha gran riqueza escultórica e importantes pinturas murais. De tódolos mosteiros medievais, só perdurou a vida relixiosa activa no mosteiro cisterciense do Divino Salvador de Ferreira de Pantón.
San Fiz de Cangas
Concello de Pantón
San Vicente de Pombeiro
Concello de Pantón
San Miguel de Eiré
Concello de Pantón
Mosteiro Cisterciense de Ferreira
Concello de Pantón